Coa colaboración de todos: nenos e nenas, pais e nais, profesores e profesoras, enchemos de árbores o soportal do noso colexio. E en cada unha das follas un libro recomendado, un libro que nos gustou especialmente. Aí quedan as nosas recomendacións de lectura, para que cada día do ano todas e todos teñamos un libro aberto agardándonos. Grazas, moitas grazas pola vosa participación.
A última exposición temática deste curso dedicámoslla ao mar. Co título “Mar amigo” queremos presentarvos unha chea de títulos que xiran ao seu redor: seres que o habitan, navegantes, piratas, mariñeiros, aventuras, lendas…Esta é unha pequena mostra dos moitos libros que podedes atopar e que vos están agardando na biblioteca.
Durante máis dunha hora, Agustín foinos contando como escribe os seus libros, de onde xurden as súas historias; contounos tamén trazos da súa vida, e escoitou e respondeu as nosas preguntas. Co seu trato cálido e cercano fixo que pasásemos un momento moi agradable.
Moitas grazas polo tempo que nos regalaches, Agustín.
A través do escritor Gonzalo Moure, coñecimos este proxecto de colaboración. O “bubisher” é o paxaro que trae a boa sorte e é tamén un camión cargado de libros que percorre os campamentos saharauis levando ilusión e soños a todos os nenos e nenas que neles viven. Nós queremos sumarnos a esta iniciativa e animarvos a participar nela.
No ano 1609 Galileo Galilei utilizou por primeira vez o telescopio astronómico. Para conmemoralo a UNESCO declarou o 2009 Ano Internacional da Astronomía. E nós abrimos as portas da biblioteca cunha pequena mostra de libros que nos acheguen ao tema. | View Show | Create Your Own
Hoxe, 27 de novembro, hai dez anos que morreu a poeta Gloria Fuertes. Lembrarémola na nosa Biblioteca coa lectura dos seus poemas e cos debuxos que faremos a partires deles.
E como estamos xa ás portas do Nadal, deixamos aquí un dos villancicos creados por ela.