Archive for Para reflexionar

PROXECTO BUBISHER

A través do escritor Gonzalo Moure, coñecimos este proxecto de colaboración. O “bubisher” é o paxaro que trae a boa sorte e é tamén un camión cargado de libros que percorre os campamentos saharauis levando ilusión e soños a todos os nenos e nenas que neles viven. Nós queremos sumarnos a esta iniciativa e animarvos a participar nela.

Leave a comment »

UNHA HISTORIA AUTOBIOGRÁFICA

Cuando Hitler robó el conejo rosaEn la batalla de Inglaterra

 

Judiht Kerr naceu en Berlín e a súa familia era de orixe xudeo. O pobo xudeo sufriu durante o tempo que Hitler estivo no poder unha auténtica persecución. Moitos morreron en campos de concentración e Europa viviu unha das etapas máis escuras da súa historia.
Esta muller, pintora, deseñadora, guionista e escritora, recolle parte das súas experiencias nestes dous interesantes libros: Cuando Hitler robó el conejo rosa e En la batalla de Inglaterra.

Se queredes coñecer outras lecturas sobre o mesmo tema, temos á vosa disposición estes libros.

Ana FrankCartas a Bárbara

A historia de ErikaEl niño estrella

Se aínda queredes saber máis, podedes ver a páxina dunha amiga e colaboradora en numerosos proxectos, Marsha Goren. Nela atoparedes testimonios de supervivintes o das súas familias.

http://www.globaldreamers.org/holocaust/index.html

A Biblioteca

Comments (5) »

UNHA LECTURA ESPECIALMENTE RECOMENDADA

¡Qué blanca más bonita soy!

Querémosvos presentar un dos últimos títulos adquiridos na nosa Biblioteca :

¡QUÉ BLANCA MÁS BONITA SOY!

Esta novela, levou varios premios no ano 2006, entre eles o Premio Alemán de Literatura Infantil e o Premio da Paz Gustav Heinemann para libros Infantís.

Preséntanos un tema descoñecido para moitos de vós, pero de enorme interese e que cómpre coñecer:

A ESCRAVITUDE.

Recomendámosvos aos maiores do colexio a súa lectura e agardamos os vosos comentarios.

A Biblioteca

 

Comments (15) »