Archive for Video

PROXECTO BUBISHER

A través do escritor Gonzalo Moure, coñecimos este proxecto de colaboración. O “bubisher” é o paxaro que trae a boa sorte e é tamén un camión cargado de libros que percorre os campamentos saharauis levando ilusión e soños a todos os nenos e nenas que neles viven. Nós queremos sumarnos a esta iniciativa e animarvos a participar nela.

Leave a comment »

Para os avós e avoas

Unha historia de Jimmy Liao chea coma todas elas de delicadísimas ilustracións, e como fondo outro tema recurrente nel: a soidade. ¡Que a disfrutedes!

Leave a comment »

AZUR Y ASMAR: unha historia para todas as idades

Azul y AsmarAzul y Asmaraa3.jpg

Azur, loiro e de ollos azuis, e Asmar, moreno e de ollos negros, medran xuntos coidados pola mesma muller, nai de un e nodriza do outro. Xuntos comen, durmen, xogan, discuten… Ata que un día a vida os separa e seguen camiños moi diferentes. Cando se atopan de novo, xa mozos, convértense en inimigos.

Situada na Idade Media, esta historia móstranos o abraiante momento en que as civilizacións cristiana, xudea e musulmana conviviron e intercambiaron ideas, costumes e coñecementos. Un auténtico cántico á convivencia pacífica entre os pobos.

Comments (11) »

UN HEROE AFRICANO: KIRIKÚ

 Kirikú y la brujaKirikú y las bestias

Kirikú, pequeno en tamaño pero grande en valor, é un neno moi especial. Xa antes de nacer sabía o que quería facer: salvar ao seu pobo do maleficio da bruxa Karaba.

O pequeño Kirikú reúne todas as características dos heroes; é xeneroso, solidario, responsable, capaz de superar as dificultades e buscar solucións aos diferentes problemas que xurden ao seu redor.

 

KirikúKirikú

Kirikú
Preme nas imaxes e xoga con elas.

Comments (7) »

O NADAL NA BIBLIOTECA

El muñeco de nieve

Para celebrar as vacacións de nadal e con elas a entrada do inverno, na Biblioteca proxectamos “EL MUÑECO DE NIEVE” baseada no texto do mesmo título. Unha forma de coñecer unha historia presentada en dous soportes ben distintos: libro e película.

Con esta actividade, mestura de soño e realidade, querémosvos desexar unha moi boa despedida de ano e que o vindeiro 2008 veña cargado de ganas de ler, ler e ler.
Moitos bicos e moitos libros
A Biblioteca

El muñeco de nieve

Comments (2) »

The giving tree. A árbore xenerosa

Comments (15) »