Archive for diciembre, 2007

O NADAL NA BIBLIOTECA

El muñeco de nieve

Para celebrar as vacacións de nadal e con elas a entrada do inverno, na Biblioteca proxectamos “EL MUÑECO DE NIEVE” baseada no texto do mesmo título. Unha forma de coñecer unha historia presentada en dous soportes ben distintos: libro e película.

Con esta actividade, mestura de soño e realidade, querémosvos desexar unha moi boa despedida de ano e que o vindeiro 2008 veña cargado de ganas de ler, ler e ler.
Moitos bicos e moitos libros
A Biblioteca

El muñeco de nieve

Comments (2) »

UNHA HISTORIA AUTOBIOGRÁFICA

Cuando Hitler robó el conejo rosaEn la batalla de Inglaterra

 

Judiht Kerr naceu en Berlín e a súa familia era de orixe xudeo. O pobo xudeo sufriu durante o tempo que Hitler estivo no poder unha auténtica persecución. Moitos morreron en campos de concentración e Europa viviu unha das etapas máis escuras da súa historia.
Esta muller, pintora, deseñadora, guionista e escritora, recolle parte das súas experiencias nestes dous interesantes libros: Cuando Hitler robó el conejo rosa e En la batalla de Inglaterra.

Se queredes coñecer outras lecturas sobre o mesmo tema, temos á vosa disposición estes libros.

Ana FrankCartas a Bárbara

A historia de ErikaEl niño estrella

Se aínda queredes saber máis, podedes ver a páxina dunha amiga e colaboradora en numerosos proxectos, Marsha Goren. Nela atoparedes testimonios de supervivintes o das súas familias.

http://www.globaldreamers.org/holocaust/index.html

A Biblioteca

Comments (5) »

UN SORPRENDENTE EXERCICIO DE IMAXINACIÓN

Gran libro dos retratos dos animaispenguin.jpg

¿ Atopades as semellanzas?

Este libro, de Svjetlan Junakoviv e de OQO Editora, levou o primeiro premio de Literatura Infantil e Xuvenil ao libro mellor editado.
Pouco máis que dicir; só queda convidarvos a todos e a todas a coller o libro, disfrutalo e descubrir aos grandes mestres da pintura de todos os tempos.

A Biblioteca

Comments (8) »

UN LIBRO PREMIADO NO 2007

Kafka y la muñeca viajera 1Kafka y la muñeca viajera 2

O libro “Kafka y la muñeca viajera” que parte dun feito real, levou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil deste ano. E nós non queriamos despedir o 2007 sen telo na nosa Biblioteca.

Cóntanos unha bonita historia protagonizada por Franz Kafka, un dos escritores máis importantes do século XX, e unha nena. Unha nena que Kafka atopa un día nun parque e que chora desconsoladamente porque perdeu a súa boneca. Para tranquilizala Kafka inventa unha sorprendente historia: a boneca non está perdida, a boneca emprendeu unha longa viaxe a través do mundo.

E así, durante varias semanas, convértese en portador das cartas que a boneca lle envía á nena desde distintos lugares do mundo, fermosas cartas nas que a boneca lle agradece á nena todo o cariño que lle deu e lle amosa toda a súa gratitude; cartas coas que o propio escritor pretende axudar á nena a superar os seus conflictos.

Unha historia que agardamos vos guste. Xa nos diredes.

A Biblioteca

Comments (5) »

UNHA LECTURA ESPECIALMENTE RECOMENDADA

¡Qué blanca más bonita soy!

Querémosvos presentar un dos últimos títulos adquiridos na nosa Biblioteca :

¡QUÉ BLANCA MÁS BONITA SOY!

Esta novela, levou varios premios no ano 2006, entre eles o Premio Alemán de Literatura Infantil e o Premio da Paz Gustav Heinemann para libros Infantís.

Preséntanos un tema descoñecido para moitos de vós, pero de enorme interese e que cómpre coñecer:

A ESCRAVITUDE.

Recomendámosvos aos maiores do colexio a súa lectura e agardamos os vosos comentarios.

A Biblioteca

 

Comments (15) »

Cuéntame una ópera

Óperas como cuentos

Visita esta páxina e descubrirás as óperas máis famosas contadas e ilustradas para que as disfruten os máis pequenos. Poderás escoitar fragmentos das óperas e tamén xogar coas actividades propostas para aprender máis sobre  este mundo engaiolante.

Comments (1) »

Happy Holidays!

Happy Holidays!

Click on the picture and go to … Lapland!

Comments (5) »