Archive for abril, 2009

Hoxe, 23 de abril, celebramos o Día do Libro

follas e libros

follas e libros

Coa colaboración de todos:  nenos e nenas, pais e nais, profesores e profesoras, enchemos de árbores o soportal do noso colexio. E en cada unha das follas un libro recomendado, un libro que nos gustou especialmente. Aí quedan as nosas recomendacións de lectura, para que cada día do ano todas e todos teñamos un libro aberto agardándonos. Grazas, moitas grazas pola vosa participación.

Anuncios

Comments (2) »

“Mar amigo”

A última exposición temática deste curso dedicámoslla ao mar. Co título “Mar amigo” queremos presentarvos unha chea de títulos que xiran ao seu redor: seres que o habitan, navegantes, piratas, mariñeiros, aventuras, lendas…Esta é unha pequena mostra dos moitos libros que podedes atopar e que vos están agardando na biblioteca.
Que os disfrutedes!

[rockyou id=136085904&w=426&h=320]

Leave a comment »