Archive for abril, 2008

LETRAS GALEGAS: XOSÉ Mª ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

Este ano a festa das nosas letras fainos un regalo moi especial; un regalo co que todos, grandes e pequenos, podemos disfrutar: a obra dun home de múltiples facetas, dun estudoso, editor, mestre e gran escritor.

Xosé Mª Álvarez Blázquez e o seu libro de poemas “Roseira do teu mencer” vannos acompañar durante as semanas vindeiras; con eles aprenderemos a xogar coas palabras, a recrear versos e a disfrutar da música que emana de cada un dos poemas aquí recollidos.

Temos tamén a posibilidade de escoitalos musicados por Eloi Caldeiro.

Comments (6) »

ENCONTROS CON AUTORES

Una tropa de hermanos

Agardamos a visita da escritora Blanca Álvarez, coa que imos falar do seu libro “Una tropa de hermanos”.

Libro que nos achega a distintos países: Haití, Senegal, Eritrea… e nos amosa a súa riqueza cultural, a súa historia e ao que é máis importante: ás súas xentes.

Comments (8) »

Día do Libro

un libro aberto

Comments (1) »

COA NATUREZA

Así recibimos a primavera na nosa Biblioteca. Cunha pequena mostra de títulos que nos invitan a disfrutar, a reflexionar, a descubrir o inmenso regalo que a natureza nos dá. Regalo que compartimos co resto da humanidade e que é responsabilidade de cada un de nós coidar e protexer.

[rockyou id=108251892&w=426&h=319]

Comments (5) »