Archive for Outras culturas

PROXECTO BUBISHER

A través do escritor Gonzalo Moure, coñecimos este proxecto de colaboración. O “bubisher” é o paxaro que trae a boa sorte e é tamén un camión cargado de libros que percorre os campamentos saharauis levando ilusión e soños a todos os nenos e nenas que neles viven. Nós queremos sumarnos a esta iniciativa e animarvos a participar nela.

Leave a comment »

AZUR Y ASMAR: unha historia para todas as idades

Azul y AsmarAzul y Asmaraa3.jpg

Azur, loiro e de ollos azuis, e Asmar, moreno e de ollos negros, medran xuntos coidados pola mesma muller, nai de un e nodriza do outro. Xuntos comen, durmen, xogan, discuten… Ata que un día a vida os separa e seguen camiños moi diferentes. Cando se atopan de novo, xa mozos, convértense en inimigos.

Situada na Idade Media, esta historia móstranos o abraiante momento en que as civilizacións cristiana, xudea e musulmana conviviron e intercambiaron ideas, costumes e coñecementos. Un auténtico cántico á convivencia pacífica entre os pobos.

Comments (11) »

De paseo polo antigo Exipto

Ao longo do río Nilo desenvolveuse unha civilización que aínda hoxe segue cautivándonos e espertando a nosa curiosidade. Todo canto ten que ver con ela: oficios, relixións, construccións, pinturas… posúe un enorme interese e está revestido dunha grande beleza.
Para coñecer un pouco este momento histórico, temos na Biblioteca varios libros que, con seguridade, vos descubrirán moitas facetas desta sorprendente cultura. Animádevos a collelos e ademais de aprender unha chea de cousas, pasaredes un rato moi agradable.

[rockyou id=100744126&w=426&h=319]

Tamén podedes consultar unha preciosa páxina do British Museum sobre Exipto: http://www.ancientegypt.co.uk/menu.html

Nela atoparedes a vida diaria dos exipcios, lendas, mitoloxía, as pirámides, a momificación… e tamén algún xogo.

Comments (2) »

OS IORUBA

Amina, a rapaza protagonista, de “A lagoa das nenas mudas” pertence á etnia ioruba. Os ioruba teñen unha lingua propia e unha mitoloxía moi interesante. Se queredes coñecer a lenda ioruba sobre a orixe do mundo, premede aquí.

Ioruba

Leave a comment »