Archive for junio, 2008

Aprendemos unha nova lingua

O pasado venres, 13 de xuño, fixemos a última actividade deste curso relacionada co tema “Voces do mundo”.

Paula, Jorge e Cristina ( estes dous últimos, xordos ) estiveron con nós e contáronos as súas experiencias, dificultades e logros. Grazas a eles comprendemos a importancia que ten que a lingua de signos teña a consideración e a presenza que merece.

Todas e todos saímos cun alfabeto dactilográfico na man para practicar na casa.

Practicando a lingua de signos

Anuncios

Comments (2) »

Rematamos o curso

Rematamos o curso e deixamos a Biblioteca con este aspecto. Pouco a pouco, e coa colaboración de todos e todas, fomos facendo dela un lugar cálido e acolledor onde compartir lecturas, estudo e vivenzas. E agardamos seguir mellorándoa e abrindo máis posibilidades de uso para o vindeiro curso.

Que pasedes un verán cheo de experiencias e boas lecturas. Deica setembro.

[rockyou id=114231065&w=600&h=200]

Comments (7) »