Un villancico de Gloria Fuertes

villancico

Dejar un comentario »

Noraboa, Agustín

O corazón do bosque esta moi ben trata de unha nena que vai de excursión e está soa , e alguén metese na mochila da nena e… bueno gustoume moitisimo recomendovos a lectura, esta xenial. SARA

No corazón do bosque e un libro que esta basante claro que non é unha historia real porque na realidade os trasnos non esisten.Ten moita aventura e se nota que o escritor ten moita imaxinacion alegrame QUE o escritor levara un premio. LARA

El libro Un tren cargado de misterios es una historia fantastica pero el libro a mi me gusto mucho.Tengo mas libros de este escritor porque me gusta mucho.Lo felicito porque recibio el premio nacional de lectura. UXÍA

Dejar un comentario »

Mochilas viaxeiras para 6º curso

Esta semana, por fin, poñemos a circular as mochilas viaxeiras que preparamos para todo o alumnado de 6º. Queremos que no voso último ano de cole poidades disfrutar delas; vós e as vosas familias.

Son catro e o aquí vos deixamos o contido de cada unha:

Comentarios (2) »

Para os avós e avoas

Unha historia de Jimmy Liao chea coma todas elas de delicadísimas ilustracións, e como fondo outro tema recurrente nel: a soidade. ¡Que a disfrutedes!

Dejar un comentario »

Hoxe lembramos a Ana Pelegrín

Morreu Ana Pelegrín, unha muller que fixo moito por achegar a mellor literatura a nenas e nenos.

Aquí vos deixamos dous títulos: “La aventura de oír” para pais, nais, mestres e mestras, e ¨Poesía española para niños”, unha preciosa antoloxía de poemas prologada por ela e que está na nosa biblioteca á vosa disposición.

Dejar un comentario »

Un novo curso

Comezamos un novo curso, o segundo para o noso blog de Biblioteca. Un blog que temos que encher de vida entre todos e todas; un blog no que queremos dar entrada a pais, nais, profesores, nenos, nenas, e por suposto, avós e avoas. Porque a eles, a estes últimos lles adicamos o primeiro boletín deste curso.

Con este boletín pretendemos render uhna moi modesta homenaxe a esas persoas que son, case sempre, as que coas súas palabras nos achegan ao mundo do coñecemento, da fantasía, que fan de ponte entre o pasado e o presente e nos abren o camiño cara aos libros.


| View Show | Create Your Own

Comentarios (1) »

Aprendemos unha nova lingua

O pasado venres, 13 de xuño, fixemos a última actividade deste curso relacionada co tema “Voces do mundo”.

Paula, Jorge e Cristina ( estes dous últimos, xordos ) estiveron con nós e contáronos as súas experiencias, dificultades e logros. Grazas a eles comprendemos a importancia que ten que a lingua de signos teña a consideración e a presenza que merece.

Todas e todos saímos cun alfabeto dactilográfico na man para practicar na casa.

Practicando a lingua de signos

Comentarios (2) »

Rematamos o curso

Rematamos o curso e deixamos a Biblioteca con este aspecto. Pouco a pouco, e coa colaboración de todos e todas, fomos facendo dela un lugar cálido e acolledor onde compartir lecturas, estudo e vivenzas. E agardamos seguir mellorándoa e abrindo máis posibilidades de uso para o vindeiro curso.

Que pasedes un verán cheo de experiencias e boas lecturas. Deica setembro.


| View Show | Create Your Own

Comentarios (7) »

ENCONTRO CON BLANCA ÁLVAREZ

Blanca Álvarez firmando libros no Colexio

Xa vemos polos comentarios que o encontro con Blanca Álvarez foi todo un éxito. A verdade é que, aínda que con pouco tempo, poidemos falar con ela de moitas cousas: das súas lembranzas de nena, de como se plantexa a escritura das súas novelas e do moito que lle interesa que os nenos e nenas estean informados do que acontece no mundo. Un bo momento que disfrutamos e que nos anima a seguir planificando este tipo de actividades. Unha vez máis descubrimos que a lectura nos abre as portas a moitos tipos de coñecemento.

Comentarios (3) »

AS MATEMÁTICAS MÁIS DIVERTIDAS

Matemáticas divertidas

Dejar un comentario »