Abril 23, 2009
· Archivado en Celebracións, Día do Libro

follas e libros
Coa colaboración de todos: nenos e nenas, pais e nais, profesores e profesoras, enchemos de árbores o soportal do noso colexio. E en cada unha das follas un libro recomendado, un libro que nos gustou especialmente. Aí quedan as nosas recomendacións de lectura, para que cada día do ano todas e todos teñamos un libro aberto agardándonos. Grazas, moitas grazas pola vosa participación.
Abril 14, 2009
· Archivado en favoritos, recomendacións do alumnado
A última exposición temática deste curso dedicámoslla ao mar. Co título “Mar amigo” queremos presentarvos unha chea de títulos que xiran ao seu redor: seres que o habitan, navegantes, piratas, mariñeiros, aventuras, lendas…Esta é unha pequena mostra dos moitos libros que podedes atopar e que vos están agardando na biblioteca.
Que os disfrutedes!
| View Show | Create Your Own