Unha historia de Jimmy Liao chea coma todas elas de delicadísimas ilustracións, e como fondo outro tema recurrente nel: a soidade. ¡Que a disfrutedes!
Archivos para Septiembre, 2008
Para os avós e avoas
Hoxe lembramos a Ana Pelegrín
Morreu Ana Pelegrín, unha muller que fixo moito por achegar a mellor literatura a nenas e nenos.
Aquí vos deixamos dous títulos: “La aventura de oír” para pais, nais, mestres e mestras, e ¨Poesía española para niños”, unha preciosa antoloxía de poemas prologada por ela e que está na nosa biblioteca á vosa disposición.
Un novo curso
Comezamos un novo curso, o segundo para o noso blog de Biblioteca. Un blog que temos que encher de vida entre todos e todas; un blog no que queremos dar entrada a pais, nais, profesores, nenos, nenas, e por suposto, avós e avoas. Porque a eles, a estes últimos lles adicamos o primeiro boletín deste curso.
Con este boletín pretendemos render uhna moi modesta homenaxe a esas persoas que son, case sempre, as que coas súas palabras nos achegan ao mundo do coñecemento, da fantasía, que fan de ponte entre o pasado e o presente e nos abren o camiño cara aos libros.



