O pasado venres, 13 de xuño, fixemos a última actividade deste curso relacionada co tema “Voces do mundo”.
Paula, Jorge e Cristina ( estes dous últimos, xordos ) estiveron con nós e contáronos as súas experiencias, dificultades e logros. Grazas a eles comprendemos a importancia que ten que a lingua de signos teña a consideración e a presenza que merece.
Todas e todos saímos cun alfabeto dactilográfico na man para practicar na casa.

