
Xa vemos polos comentarios que o encontro con Blanca Álvarez foi todo un éxito. A verdade é que, aínda que con pouco tempo, poidemos falar con ela de moitas cousas: das súas lembranzas de nena, de como se plantexa a escritura das súas novelas e do moito que lle interesa que os nenos e nenas estean informados do que acontece no mundo. Un bo momento que disfrutamos e que nos anima a seguir planificando este tipo de actividades. Unha vez máis descubrimos que a lectura nos abre as portas a moitos tipos de coñecemento.

