Este sete de marzo hai cen anos que morreu o poeta Manuel Curros Enríquez. Ocasión que aproveitamos para dar a coñecer unha mostra da súa poesía.Despois de visualizar unha presentación cos seus datos biográficos máis significativos, quixemos renderlle a nosa pequena homenaxe.
Todo o alumnado de 5º posto en pé, e coa imaxe do poeta diante, cantou un dos seus poemas: “Aí ven o maio”.



