As familias dos nenos e nenas de 2º e 3º de Ed. Infantil e do 1º Ciclo de Primaria podedes facer uso desta nova modalidade de préstamo: unha mochila que contén diverso material que a Biblioteca pon á vosa disposición para que o disfrutedes na casa. Contos para ler e mirar, contos para contar, cancións para escoitar e cine para ver xuntos e comentar.
Cinco mochilas que podedes ter con vós un tempo e que agardamos sexan do voso agrado, e poidan circular polo maior número de familias posible.
Aquí tedes o que contén cada unha.

Candela escribió,
Abril 20, 2008 @ 7:01 pm
Paréceme unha idea moi boa e orixinal.
Poderiades facer mochilas con contidos segundo a idade, unha mochila con libros para parvulario, outro para os nen@s de 1º ciclo, 2º ciclo, e 3º ciclo.Só é un consello.
¡ SEGUIDE ASÍ !