Febrero 29, 2008
· Archivado en Visitas
Fina Casalderrey estivo hoxe, venres 29, no noso cole e o alumnado do 2º e o 3º ciclo poido disfrutar da súa compañía. Coñeciamos a súa obra, moitos dos seus libros están na nosa Biblioteca e traballamos algúns nas clases, pero o que non coñeciamos era a súa encantadora persoalidade, a súa capacidade de comunicar e seducir coa palabra, a súa simpatía e a súa capacidade para ternos a todos e a todas engaiolados durante o tempo que permaneceu con nós.
Así que… moitas grazas, Fina, polos teus libros e polo tempo que nos adicaches.


Febrero 22, 2008
· Archivado en Formación de usuarios
Estamos a desenvolver na Biblioteca do colexio unha actividade moi interesante: a formación de usuarios.
Grazas á colaboración de Quique Lema, bibliotecario e pai dun alumno e dunha alumna do centro, todo o terceiro ciclo aprenderá a utilizar os recursos tanto bibliográficos como informáticos que as Bibliotecas poñen á nosa disposición. E todo isto a través de xogos e probas que, ademais de ensinar, fan que pasemos un momento agradable e divertido.
Desde aquí queremos agradecerlle a Quique a súa xenerosa colaboración.
Febrero 22, 2008
· Archivado en Préstamo
As familias dos nenos e nenas de 2º e 3º de Ed. Infantil e do 1º Ciclo de Primaria podedes facer uso desta nova modalidade de préstamo: unha mochila que contén diverso material que a Biblioteca pon á vosa disposición para que o disfrutedes na casa. Contos para ler e mirar, contos para contar, cancións para escoitar e cine para ver xuntos e comentar.
Cinco mochilas que podedes ter con vós un tempo e que agardamos sexan do voso agrado, e poidan circular polo maior número de familias posible.
Aquí tedes o que contén cada unha.
CONTIDO DAS CINCO MOCHILAS
Febrero 17, 2008
· Archivado en Poesía, Visitas
Estes son algúns dos poemas que os nenos e as nenas de 5º lle queremos adicar a Amina, a rapaza protagonista do libro “A lagoa das nenas mudas”. Se queredes engadir máis estades a tempo.
Fun malo contigo,
sentinme ferido.
Pero agora volvo
a carón do teu abrigo.
Lara
Chegaches da lúa
con miles de estrelas;
chegaches da lúa,
déchesme unha delas.
Hugo
Quero pregarche
a ti, querida Amina.
Quero preguntarche
se queres ser miña amiga.
Alba
Daquela achegueime,
as miñan mans deiche.
Daquela alonxeime
e adeus supliqueiche.
Laura
Viñeches un día
de alá, de moi lonxe.
Viñeches un día
sen ningún reproche.
Andrea
Cos ollos de ouro
e coas mans de prata,
sorriso precioso
e ollada branca.
Jacobo
Amina Nwapa
es moi guapa,
es coma un bombón;
dígocho de corazón.
Diego
Sexas loira ou negra,
azul, amarela,
sempre nos terás
contigo, á túa beira.
Gabriel
Amina Nwapa
non sabías falar,
mais despois dun tempo
poidécheste aledar.
Nuno García
Desde a África negra
ata a España branca,
non por carretera
pola mar azulada.
Nuno Riveiros
Febrero 10, 2008
· Archivado en Linguas, Outras culturas, Video



Azur, loiro e de ollos azuis, e Asmar, moreno e de ollos negros, medran xuntos coidados pola mesma muller, nai de un e nodriza do outro. Xuntos comen, durmen, xogan, discuten… Ata que un día a vida os separa e seguen camiños moi diferentes. Cando se atopan de novo, xa mozos, convértense en inimigos.
Situada na Idade Media, esta historia móstranos o abraiante momento en que as civilizacións cristiana, xudea e musulmana conviviron e intercambiaron ideas, costumes e coñecementos. Un auténtico cántico á convivencia pacífica entre os pobos.