Enero 30, 2008
· Archivado en Outras culturas
Ao longo do río Nilo desenvolveuse unha civilización que aínda hoxe segue cautivándonos e espertando a nosa curiosidade. Todo canto ten que ver con ela: oficios, relixións, construccións, pinturas… posúe un enorme interese e está revestido dunha grande beleza.
Para coñecer un pouco este momento histórico, temos na Biblioteca varios libros que, con seguridade, vos descubrirán moitas facetas desta sorprendente cultura. Animádevos a collelos e ademais de aprender unha chea de cousas, pasaredes un rato moi agradable.
| View Show | Create Your Own
Tamén podedes consultar unha preciosa páxina do British Museum sobre Exipto: http://www.ancientegypt.co.uk/menu.html
Nela atoparedes a vida diaria dos exipcios, lendas, mitoloxía, as pirámides, a momificación… e tamén algún xogo.
Enero 16, 2008
· Archivado en Ler e escoitar, Video


Kirikú, pequeno en tamaño pero grande en valor, é un neno moi especial. Xa antes de nacer sabía o que quería facer: salvar ao seu pobo do maleficio da bruxa Karaba.
O pequeño Kirikú reúne todas as características dos heroes; é xeneroso, solidario, responsable, capaz de superar as dificultades e buscar solucións aos diferentes problemas que xurden ao seu redor.


Preme nas imaxes e xoga con elas.
Enero 13, 2008
· Archivado en Poesía
Un gran poeta, acaba de morrer. Un gran poeta e unha grande persoa; un home que puxo a súa voz ao servizo da paz, do amor e da liberdade. Deixámosvos aquí a súa imaxe e unha minúscula mostra da súa poesía:
“Entonces,
en los atardeceres de verano,
el viento
traía desde el campo hasta mi calle
un inestable olor a establo
y a hierba susurrante como un río
que entraba con su canto y con su aroma
en las riberas pálidas del sueño.
…”
PARA NADA
Trabajé el aire
se lo entregué al viento:
voló, se deshizo,
se volvió silencio.
Por el ancho mar,
por los altos cielos,
trabajé la nada,
realicé el esfuerzo,
perforé la luz
ahondé el misterio.
Para nada, ahora,
para nada, luego;
humo son mis obras,
cenizas mis hechos.
…Y mi corazón
que se queda en ellos.
«Al lector se le llenaron de pronto los ojos de lágrimas,
y una voz cariñosa le susurró al oído:
-¿Por qué lloras, si todo
en ese libro es de mentira?
Y él le respondió:
- Lo sé;
Pero lo que siento es de verdad»
Enero 11, 2008
· Archivado en Linguas, Outras culturas
Amina, a rapaza protagonista, de “A lagoa das nenas mudas” pertence á etnia ioruba. Os ioruba teñen unha lingua propia e unha mitoloxía moi interesante. Se queredes coñecer a lenda ioruba sobre a orixe do mundo, premede aquí.

Enero 9, 2008
· Archivado en Visitas
Agardamos a visita de…


…Fina Casalderrey, autora de moitos e moi interesantes libros, algúns dos cales temos expostos na Biblioteca.
Se queredes ter máis información podedes consultar a súa páxina: http://www.fina.casalderrey.com.
Con ela falaremos dalgúns dos seus títulos: ¿Quen me quere adoptar?, Chamizo, A lagoa das nenas mudas, etc.
Se lestes algún deles podedes deixar aquí as vosas opinións.
Enero 9, 2008
· Archivado en Ler e escoitar, Linguas, Música
Con esta pequena mostra de libros, que titulamos “Voces do mundo” querémoslle dar a benvida ao ano 2008. Contos, poemas, lendas e cancións que chegan a nós doutros países, doutras culturas, doutras linguas, e que enriquecen o noso mundo e nos axudan a comprender o valor que aporta a diversidade.
| View Show | Create Your Own