

O libro “Kafka y la muñeca viajera” que parte dun feito real, levou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil deste ano. E nós non queriamos despedir o 2007 sen telo na nosa Biblioteca.
Cóntanos unha bonita historia protagonizada por Franz Kafka, un dos escritores máis importantes do século XX, e unha nena. Unha nena que Kafka atopa un día nun parque e que chora desconsoladamente porque perdeu a súa boneca. Para tranquilizala Kafka inventa unha sorprendente historia: a boneca non está perdida, a boneca emprendeu unha longa viaxe a través do mundo.
E así, durante varias semanas, convértese en portador das cartas que a boneca lle envía á nena desde distintos lugares do mundo, fermosas cartas nas que a boneca lle agradece á nena todo o cariño que lle deu e lle amosa toda a súa gratitude; cartas coas que o propio escritor pretende axudar á nena a superar os seus conflictos.
Unha historia que agardamos vos guste. Xa nos diredes.
A Biblioteca
