Diciembre 17, 2007
· Archivado en Celebracións, Video

Para celebrar as vacacións de nadal e con elas a entrada do inverno, na Biblioteca proxectamos “EL MUÑECO DE NIEVE” baseada no texto do mesmo título. Unha forma de coñecer unha historia presentada en dous soportes ben distintos: libro e película.
Con esta actividade, mestura de soño e realidade, querémosvos desexar unha moi boa despedida de ano e que o vindeiro 2008 veña cargado de ganas de ler, ler e ler.
Moitos bicos e moitos libros
A Biblioteca

Diciembre 14, 2007
· Archivado en Para reflexionar


Judiht Kerr naceu en Berlín e a súa familia era de orixe xudeo. O pobo xudeo sufriu durante o tempo que Hitler estivo no poder unha auténtica persecución. Moitos morreron en campos de concentración e Europa viviu unha das etapas máis escuras da súa historia.
Esta muller, pintora, deseñadora, guionista e escritora, recolle parte das súas experiencias nestes dous interesantes libros: Cuando Hitler robó el conejo rosa e En la batalla de Inglaterra.
Se queredes coñecer outras lecturas sobre o mesmo tema, temos á vosa disposición estes libros.




Se aínda queredes saber máis, podedes ver a páxina dunha amiga e colaboradora en numerosos proxectos, Marsha Goren. Nela atoparedes testimonios de supervivintes o das súas familias.
http://www.globaldreamers.org/holocaust/index.html
A Biblioteca
Diciembre 14, 2007
· Archivado en Arte, Premiados


¿ Atopades as semellanzas?
Este libro, de Svjetlan Junakoviv e de OQO Editora, levou o primeiro premio de Literatura Infantil e Xuvenil ao libro mellor editado.
Pouco máis que dicir; só queda convidarvos a todos e a todas a coller o libro, disfrutalo e descubrir aos grandes mestres da pintura de todos os tempos.
A Biblioteca
Diciembre 13, 2007
· Archivado en Premiados


O libro “Kafka y la muñeca viajera” que parte dun feito real, levou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil deste ano. E nós non queriamos despedir o 2007 sen telo na nosa Biblioteca.
Cóntanos unha bonita historia protagonizada por Franz Kafka, un dos escritores máis importantes do século XX, e unha nena. Unha nena que Kafka atopa un día nun parque e que chora desconsoladamente porque perdeu a súa boneca. Para tranquilizala Kafka inventa unha sorprendente historia: a boneca non está perdida, a boneca emprendeu unha longa viaxe a través do mundo.
E así, durante varias semanas, convértese en portador das cartas que a boneca lle envía á nena desde distintos lugares do mundo, fermosas cartas nas que a boneca lle agradece á nena todo o cariño que lle deu e lle amosa toda a súa gratitude; cartas coas que o propio escritor pretende axudar á nena a superar os seus conflictos.
Unha historia que agardamos vos guste. Xa nos diredes.
A Biblioteca
Diciembre 6, 2007
· Archivado en Para reflexionar

Querémosvos presentar un dos últimos títulos adquiridos na nosa Biblioteca :
¡QUÉ BLANCA MÁS BONITA SOY!
Esta novela, levou varios premios no ano 2006, entre eles o Premio Alemán de Literatura Infantil e o Premio da Paz Gustav Heinemann para libros Infantís.
Preséntanos un tema descoñecido para moitos de vós, pero de enorme interese e que cómpre coñecer:
A ESCRAVITUDE.
Recomendámosvos aos maiores do colexio a súa lectura e agardamos os vosos comentarios.
A Biblioteca
Diciembre 6, 2007
· Archivado en Arte, Ler e escoitar, Música

Visita esta páxina e descubrirás as óperas máis famosas contadas e ilustradas para que as disfruten os máis pequenos. Poderás escoitar fragmentos das óperas e tamén xogar coas actividades propostas para aprender máis sobre este mundo engaiolante.
Diciembre 5, 2007
· Archivado en Celebracións

Click on the picture and go to … Lapland!
Diciembre 2, 2007
· Archivado en Dereitos, Ler e escoitar
As nenas e os nenos, sen distinción de etnia, idioma ou relixión, teñen dereito a escoitar os máis fermosos contos de tradición oral dos pobos, especialmente aqueles que estimulen a súa imaxinación e a súa capacidade crítica.
Algúns títulos que desde a Biblioteca querémosvos recomendar para as próximas festas.
| View Show | Create Your Own
Diciembre 1, 2007
· Archivado en Celebracións
Premede na imaxe e seguide á estrela polo mundo da fantasía…